Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/60-2, 8029 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Confederación Hidrográfica del Miño-Sil.

Domicilio social: rda. Muralla, 131, 2º, dta. 27071 Lugo.

Denominación: proxecto de CT e LMTS a 20 kV para subministración da recirculación de auga tratada.

Situación: Concello de Lugo.

Características técnicas:

• LMTS (97 metros) e aloxada en bandexa (68 metros) a 20 kV, con orixe nunha cela de protección existente situada no CT Fangos e final no CT de Recirculación, cunha lonxitude total de 165 metros en condutor tipo RHZ-240.

• CT Recirculación en edificio non prefabricado, cunha potencia de 1.000 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 15 de xuño de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo