Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2012/30-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L. Elemol.

Domicilio social: avda. Pontevedra, 14 baixo. 36201 Ponte Caldelas.

Denominación: saídas media tensión subestación A Reigosa.

Situación: Ponte Caldelas.

Descricións técnicas: LMT subterránea de 80,5 metros desde a subestación A Reigosa ata o CT-PR1 e LMT subterránea de 2×91,5 metros desde a subestación A Reigosa ata o CT-PR2. O condutor das liñas é RHZ1 e a tensión de 20 kV. As instalacións están situadas na zona oeste do parque empresarial da Reigosa, Ponte Caldelas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 31 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra