Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Cerámicas El Progreso S.A. para as instalacións que posúe en Buño, no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña) (clave 2006/0274_NAA/IPPC).

Segundo o que se indica no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, faise público que, por espazo de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de renovación da autorización ambiental integrada para as instalacións que Cerámicas El Progreso, S.A. posúe en Buño, concello de Malpica de Bergantiños, co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular as alegacións, suxestións e/ou observacións que estime convenientes. A documentación que se expón será:

Memoria técnica: renovación de autorización ambiental integrada de Cerámicas El Progreso, S.A.

O antedito documento estará á disposición dos interesados en horario de atención ao público nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña, Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental (rúa de Vicente Ferrer, 2; 15008 A Coruña).

– Concello de Malpica (rúa Emilio González, Casa do Concello).

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental