Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 6 de xullo de 2012, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00363-O-2012 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar a imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25% na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 6 de xullo de 2012

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-00363-O-2012

7088-BTV

Garda Civil 1502 Q97183H

Romar Bus, S.L.

B15497274

A Torre 5

15840 Santa Comba, A Coruña

Realizar transporte público de viaxeiros de uso especial-escolares carecendo de autorización específica, sen ter dereito a ela.

2.12.2011; 7.24; AC-404; 1

Art. 140.1.4 LOTT

Art. 197.1.4 ROTT

Art. 201.1.i ROTT

Art. 143.1.i LOTT

4.601 euros

XC-01274-O-2012

C-2300-CG

Garda Civil 1504 I71832S

Acción Trucks Cero Cinco, S.L.

B15987753

Agueiros-S. Ramón de Bea, s/n

15930 Boiro, A Coruña

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista a obriga de levar no vehículo.

28.3.2012; 18.00; DP-1103; 8,500

Art. 140.24 LOTT

Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1.g LOTT

Art. 201.1.g ROTT

2.001 euros

XC-01431-O-2012

9635-DFF

Garda Civil 1503 N41519R

Mensajeros de los Cesares, S.L.

B85620169

R/ Santísima Trinidad nº 30-8º-1º

28010 Madrid

Realizar transporte público de mercadorías nun vehículo lixeiro, carecendo de autorización.

8.5.2012; 12.15; N-VI; 577,8

Art. 141.31 LOTT

Art. 140.1.9 LOTT

Art. 198.31 ROTT

Art. 197.1.9 ROTT

Art. 143.1.f LOTT

Art. 201.1.f ROTT

1.501 euros

XC-01460-O-2012

C-3448-CC

Garda Civil 1504 Z-27752-V

Dieda Forestal e Inversiones, S.L.

B15966401

Rúa Berna, 2, As Fontiñas

15707 Santiago de Compostela, A Coruña

A realización de transporte privado nun vehículo pesado ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdera a súa validez.

10.5.2012; 12.58; N-550; 0043,500

Art. 141.13 LOTT

Art. 198.13 ROTT

Art. 143.1.e LOTT

Art. 201.1.e ROTT

1.001 euros