Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/62-2, 8031 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo

Denominación: liña de media tensión soterrada, enlace sub. San Cibrao-C.R. Mercedes.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

LMTS en canalización existente (1.285 metros) e proxectada (5.457 metros) con orixe na subestación de San Cibrao e final no centro de repartición de Mercedes, composta por dous circuítos cunha lonxitude de 6.950 metros cada un e condutor tipo RHZ1-400 mm AI.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de xullo de 2012

P.A.
Mª Aurora Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas