Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 857/2011, interposto pola Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza (Forga).

A Dirección Xeral de Relacións Laborais recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 1ª, oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 857/2011, interposto pola Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza (Forga), contra a Resolución do director xeral de Relacións Laborais, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, con data do 4 de xullo de 2011, pola que se resolveu non conceder axuda para as accións de fomento para a prevención de riscos laborais solicitadas pola Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza (Forga) ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2010, pola que se estableceron as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais