Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 870/2011, interposto contra a Orde do 21 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a entidades de iniciativa social, para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social, para o exercicio de 2011.

A Consellería de Traballo e Benestar recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección 1ª) oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 870/2011, interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG), contra a Orde do 21 de decembro de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a entidades de iniciativa social, para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social, para o exercicio de 2011.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2012

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar