Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2012 de execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 27.10.2011, recaída no procedemento ordinario 4358/2009.

O Tribunal de Xustiza de Galicia, con data do 27 de outubro de 2011, ditou sentenza no procedemento ordinario número 4358/2009, interposto por Óscar García Bao contra a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, do 11 de marzo de 2009, sobre a aprobación definitiva parcial do PXOM de Oleiros.

A referida sentenza, declarada firme o 25 de xaneiro de 2012, na súa parte dispositiva, sinala: «Estimamos parcialmente o recurso interposto por Óscar García Bao, contra a Orde do 11.3.2009, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, sobre aprobación definitiva parcial do PXOM de Oleiros, e anulámola no que e refire á clasificación que o PXOM atribúe á parcela do demandante con referencia catastral 3571406NH5937S0000BT e declaramos que ha de ser a de solo urbano rexido pola Ordenanza 2A. No demais desestimamos o recurso».

Con data do 2 de febreiro de 2012, ten entrada no Rexistro de Portelo Único (entrada número 2012/122) comunicación do Concello de Oleiros do acordo plenario do 16 de xaneiro de 2012, acordo en que o pleno presta conformidade ao grafado que recolle o ditame da sentenza en determinados planos do PXOM. No mesmo acto, acordan remitir a documentación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ben para outorgar a súa conformidade ben para efectos de formular incidente de execución de sentenza no caso de desconformidade.

Mediante providencia do 23 de maio de 2012, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia comunica «indíquese á Administración demandada que a execución da sentenza se realizará levando a cabo a modificación material do PXOM de Oleiros nos termos nela establecidos, o que fai necesaria a aprobación da proposta formulada polo dito concello, de conformidade co acordo plenario do 26.1.2012 e que foi remitido á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para tal fin».

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da CMATI.

Á vista de todo o que antecede, e seguindo as indicacións dese tribunal,

RESOLVO:

Primeiro. Prestar aprobación á proposta formulada polo Concello de Oleiros, en acordo plenario do 26 de xaneiro de 2012, de grafado do contido da sentenza número 990/2011 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nos planos do PXOM: 1 (26) de estrutura xeral e orgánica, 35B ordenación urbanística, 35 de ordenación urbanística de cumprimento da Orde do 11 do marzo de 2009; resolución que se adopta en cumprimento do ordenado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na súa providencia do 23 de maio de 2012.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas