Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2012 de execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 17.1.2011, recaída no procedemento ordinario número 4326/2009.

O Tribunal de Xustiza de Galicia, con data do 17 de xaneiro de 2011, ditou sentenza no procedemento ordinario número 4326/2009, interposto por Alonso Pereiro Pita contra a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, do 11 do marzo de 2009, sobre a aprobación definitiva parcial do PXOM de Oleiros.

A referida sentenza, declarada firme o 4 de maio de 2011, na súa parte dispositiva, sinala: «Estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto polo representante procesal de Alonso Pereiro Pita contra a Orde do 11 de marzo de 2009, sobre aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oleiros e, en consecuencia, declaramos a súa nulidade parcial no que afecta o predio situado no número 63 da avenida Isaac Díaz Pardo, que debe ser clasificado na súa totalidade como solo urbano, desestimando as demais pretensións. Non facemos condena de custas.»

Con data do 2 de febreiro de 2012, ten entrada no Rexistro de Portelo Único (entrada número 2012/121) comunicación do Concello de Oleiros do acordo plenario do 26 do xaneiro de 2012, acordo en que o pleno presta conformidade ao grafado que recolle o ditame da sentenza en determinados planos do PXOM. No mesmo acto, acordan remitir a documentación á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ben para outorgar a súa conformidade ben para efectos de formular incidente de execución de sentenza no caso de desconformidade.

Mediante providencia do 19 de abril de 2012, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no P.O. 4326/2009, resolve «...requírase da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e infraestruturas que dite o acto que proceda, antes de declarar executado o ditame».

Mediante escrito do 10 de maio de 2012, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo solicita a interposición de incidente para decidir cuestións propostas na execución da sentenza, de conformidade co previsto no artigo 109 da Lei 29/1998, do 13 do xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, e solicita do Tribunal Superior de Xustiza pronunciamento sobre a forma de levar a puro e debido efecto o cumprimento do ditame da referida sentenza.

Mediante providencia do 6 de xuño de 2012, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, resolve «requírase do departamento autonómico que faga un pronunciamento expreso sobre a súa aprobación nos termos do resolto na sentenza firme e no acordo plenario do 26.1.2012, co obxecto de que se incorpore nos planos e texto das normas a situación física e xurídica do predio litixioso».

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da CMATI.

Á vista de todo o que antecede, e seguindo as indicacións dese tribunal,

RESOLVO:

Primeiro. Prestar aprobación á proposta formulada polo Concello de Oleiros, en acordo plenario do 26 de xaneiro de 2012, de grafado do contido da sentenza número 1318/2010 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nos planos do PXOM: 1 (18) de estrutura xeral e orgánica, 26B ordenación urbanística, 3 (18) de xestión, 26 de ordenación urbanística de cumprimento da Orde do 11 do marzo de 2009; resolución que se adopta en cumprimento do ordenado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na súa providencia do 6 de xuño de 2012.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas