Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 11 de xullo de 2012, da Subdirección Xeral de Auditorías de Fondos Comunitarios e Subvencións, sobre notificación por comparecencia para a entrega dun informe definitivo de control financeiro sobre unha subvención percibida por un beneficiario.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de control financeiro 2008, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño), está realizando un control financeiro a Traballos Agrícolas José e Andrés, S.L., en relación coa subvención percibida Axudas a programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable de procesos produtivos agrícolas, cofinanciada polo Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola no marco do Programa operativo integrado de Galicia 2000-2006.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente faise saber:

1. Que tentada a notificación do informe definitivo de control financeiro a Traballos Agrícolas José e Andrés, S.L., non foi posible practicala.

2. Que por medio do presente anuncio se pon de manifesto que Traballos Agrícolas José e Andrés, S.L. ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte á publicación deste no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas desta Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no Edificio San Caetano, s/n, bloque nº 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma-Consellería de Facenda), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega do informe definitivo de control financeiro efectuado a Traballos Agrícolas José e Andrés, S.L.

3. Que, se rematado o prazo sinalado non compareceren, a notificación entenderanse producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo para comparecer.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2012

Jacinto Álvarez Somoza
Subdirector xeral de Auditorías de Fondos Comunitarios e Subvencións