Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 29955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-111/12 e outros.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se especifican no anexo as propostas de resolución dos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da LO 1/1992, en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, e do Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30 de setembro), e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles desde a publicación para exercer perante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación dos expedientes realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza sita na avda. da Habana, 79, 2º, de Ourense.

Ourense, 10 de xullo de 2012

Luis Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-111/12.

CIF: 34924415-L.

Denunciado: Antonio González Domínguez.

Enderezo: r/ Ervedelo, nº 9, soto, Ourense.

Establecemento: Kinley.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 90 euros.

Número de expediente: OU-E-115/12.

NIE: 76729940-P.

Denunciado: Roberto Cid Domínguez.

Enderezo: r/ Tomás María Mosquera, nº 25 baixo, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Principal.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 210 euros.

Número de expediente: OU-E-122/12.

Denunciado: Luis Bello Vázquez.

NIF: 34993739-K.

Enderezo: r/ Caridade, núm. 20 B, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: A Botica.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 300 euros.

Número de expediente: OU-E-123/12.

CIF: 45145265-Z.

Denunciada: Ramona Emilia Canario Martínez.

Enderezo: r/ Perfectino Vieitez, nº 12 baixo, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: A Taberniña Latina.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 300 euros.

Número de expediente: OU-E-151/12.

CIF: 76716715-P.

Denunciada: María Anuncia Fernández Rodríguez.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, nº 25 B, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 300 euros.