María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 343/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame é do teor literal seguinte:
«Na Coruña, o oito de maio de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 343/2011 seguidos por instancia da Consellería de Traballo e Benestar, representada pola letrada Sra. Garrote Rico, como demandantes/demandados - ver pdf-
Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún en virtude do disposto no artigo 215.4 da LAC e artigo 267.7 da LOPX».
E para que sirva de notificación en legal forma a Héctor Rivas Gándar e Mónica Lameiro Ogando, ambos os dous en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 3 de xullo de 2012
A secretaria xudicial