Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 29958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2012 pola que se anuncia procedemento aberto harmonizado para a contratación do servizo que terá por obxecto realizar o control de calidade das verificacións administrativas e para realizar as verificacións sobre o terreo previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) 1828/2006, relativas a operacións aprobadas para cofinanciar co programa operativo Feder Galicia 2007-2013 que se seleccionen no período de vixencia do presente contrato (a contratación está cofinanciada nun 80% co programa operativo do Feder Galicia 2007-2013).

A Consellería de Facenda anuncia procedemento aberto harmonizado da contratación do servizo para a execución do control de calidade das verificacións administrativas e as verificacións sobre o terreo previstas no artigo 13 do Regulamento da Comisión 1828/2006, relativas a operacións aprobadas para cofinanciar co programa operativo Feder Galicia 2007-2013 que se seleccionen no período de vixencia do presente contrato.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Planificación e Fondos.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: realización do control de calidade das verificacións administrativas e as verificacións sobre o terreo previstas no artigo 13 do Regulamento da Comisión 1828/2006, relativas a operacións aprobadas para cofinanciar co programa operativo Feder Galicia 2007-2013 que se seleccionen no período de vixencia do contrato ou das súas prórrogas.

c) Lugar de entrega dos informes: Consellería de Facenda. Dirección Xeral de Planificación e Fondos.

Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Prazo de execución: catro anos, contado desde o día seguinte a aquel en que se asine o contrato.

e) Admisión de prórroga: si, por un período máximo de dous anos por mutuo acordo das partes.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79212000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

c) Criterios de valoración e adxudicación: oferta económica por prezo unitario (40 puntos), redución nos prazos de entrega dos informes e documentación complementaria (20 puntos), calidade técnica da oferta (30 puntos) e melloras propostas pola empresa (10 puntos).

d) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Prezo: novecentos trinta e oito mil douscentos vinte e cinco mil euros con trinta e nove céntimos (938.225,39 €), IVE excluído.

b) IVE: cento sesenta e oito mil oitocentos oitenta euros con cincuenta e sete céntimos (168.880,57 €).

c) Anualidades (IVE incluído):

2012: 132.852,71 €.

2013: 276.776,49 €.

2014: 276.776,49 €.

2015: 276.776,49 €.

2016: 143.923,78 €.

O contrato fíxase por prezos unitarios en función do volume de gasto verificado, sendo o prezo unitario máximo de 2.000 euros, excluído IVE, por millón de euros verificados, para cada tipo de verificación sobre o terreo ou de control de calidade das verificacións administrativas.

5. Garantías:

a) Provisional: 3% do orzamento base de licitación.

b) Definitiva: 5% do orzamento base de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Consellería de Hacienda. Dirección General de Planificación e Fondos.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 981 54 41 07.

5) Fax: 981 54 51 33.

6) Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/

7) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional e da non incompatibilidade: de acordo co disposto nas cláusulas 8 e 9 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata as catorce (14.00) horas do 11 de agosto de 2012.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nas cláusulas 6.3, 6.4 e 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Modalidade e lugar de presentación: en sobres pechados na Oficina de Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou por correo, dirixido á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, xustificando a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciándolle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 51 33), télex ou telegrama no mesmo día.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións, en virtude do disposto nos números 2 e 4 do artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións farase pública no perfil de contratante a data e a hora de apertura das ofertas. A apertura non poderá ter lugar ata transcorridos un mínimo de tres días hábiles desde o anuncio da publicación da data no perfil de contratante, convocando para acto público.

10. Gastos de publicidade:

Serán de conta do adxudicatario ata un máximo de 4.500 euros.

11. Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de xullo de 2012.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2012

P.D. (Orde 9.1.2012)
María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda