Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 29962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Os programas operativos Feder Galicia 2007-2013 (contratación cofinanciada polo programa operativo Feder de Galicia 2007-2013 nun 80% no eixe 7, asistencia técnica do programa operativo Feder, tema prioritario 86).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 7/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Os programas operativos Feder Galicia 2007-2013.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 51, do 13 de marzo de 2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento noventa mil seiscentos setenta e sete euros con noventa e sete céntimos (190.677,97 €), IVE excluído.

5. Formalización.

a) Data: 22 de xuño de 2012.

b) Contratista: Maxan, S.A. Sociedad Unipersonal.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento noventa mil seiscentos setenta e sete euros con sesenta e oito céntimos (190.677,68 €), IVE excluído.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

P.D. (Orde 9.1.2012)
María Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio