Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 47/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación Morás 66 kV-Nova construcción.

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas: subestación eléctrica de relación de transformación 66/15 kV e unha potencia instalada de 2×25 MVA ampliable a 3×25 MVA. Alimentación a subestación a tensión de 66 kV das liñas de Sabón e Eirís.

Subestación constituída por un parque intemperie con dous transformadores de potencia e un edificio prefabricado que albergará as celas de AT MT, o cadro de distribución de BT, as baterías de 125 e 48 V (c:c) e os equipamentos de comunicación e telecontrol.

Sistema de 66 kV formado por un conxunto de celas de AT blindadas encapsuladas, con illamento en SF6, con dobre xogo de barras, que consta con seis posicións: dúas posicións de liña, dúas posicións de transformador, unha posición de medida de tensión de barra e unha posición de acoplamento transversal. Con espazo para outras tres posicións GIS 66 kV.

Sistema de 15 kV formado por un conxunto de celas de M.T. formado por 14 posicións: oito celas barra dobre posición de liña, dúas celas barra dobre posición transformador, unha cela barra dobre medida de barras, unha cela barra dobre posición acoplamento transversal e dúas celas barra dobre posición de servizos auxiliares. Con espazo para outras catro posicións de M.T.

Servizos auxiliares constituídos polos seguintes equipamentos: un cadro de distribución de BT, un equipo cargador de batería de 125 V.c.c., un equipo cargador de batería de 48 V.c.c, un armario UCI, un equipo de comunicacións, dous transformadores de servizos auxiliares de 160 kVA e relación de transformación de 15.000/420 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 22 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña