Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 87/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS Cambio de Sección SMR-732 e SMR-733 (2ª fase).

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea CT Mosteiro de Monfero-CT praza. Río do Tronco, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,112 km, coa orixe en cela existente en CT Mosteiro de Monfero (expediente 27164), condutor tipo RHZ1 e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-732 tramo a CT praza. Río do Tronco (expediente 59/10).

Liña de media tensión subterránea C.T. Praza. Río do Tronco-C.T. Sartaña, a 15/20 kV., cunha lonxitude de 1,083 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. SMR-732 tramo a C.T. praza. Río do Tronco (expediente 59/10), condutor tipo RHZ1 e final en cela de liña existente en CT Sartaña (expediente 30262).

Liña de media tensión subterránea CT Sartaña-CS Auditorio, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,075 km, coa orixe en cela de liña existente en C.T. Sartaña (expediente 30262), condutor tipo RHZ1 e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-732 tramo a CS Auditorio (expediente 26/11).

Liña de media tensión subterránea subestación Sta. Mariña-C.T. Sánchez Calviño, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,895 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS. SMR-733 tramo de subestación Sta. Marina (expediente 18352) a CT Sánchez Calviño (expediente 29000), condutor tipo RHZ1 e final en cela de liña existente en CT Sánchez Calviño (expediente 29000).

Liña de media tensión subterránea CT Sánchez Calviño-CT República Arxentina, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,306 km, con orixe en cela de liña existente en CT Sánchez Calviño (expediente 29000), condutor tipo RHZ1 e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-733 tramo a CT República Arxentina (expediente 26/01).

Liña de media tensión subterránea CT República Arxentina-CT Caranza nº 1, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,101 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SMR-733 tramo a CT República Arxentina (expediente 26/01), condutor tipo RHZ1 e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-733 a CT Caranza nº 1 (expediente 27156).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña