Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29511

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan parcial do solo urbanizable delimitado PCR-01.

O Pleno da Corporación do Concello do Porriño, en sesión ordinaria do 28 de xuño de 2012, aprobou inicialmente o Plan parcial do solo urbanizable delimitado PCR-01, mediante acordo que ten o seguinte contido literal.

«1º) Aprobar inicialmente o Plan parcial do solo urbanizable delimitado PCR-01.

2º) Someter o expediente a información pública durante un prazo de dous meses mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia, notificando aos propietarios de todos os terreos afectados e aos concellos limítrofes.

3°) Remitir un exemplar do plan parcial á Confederación Hidrográfica para a emisión de informe preceptivo no prazo dun mes.

4°) Someter o expediente a consultas por un prazo de dous meses, dando comunicación aos organismos que a seguir se relacionan e que foron expresamente citados no documento de referencia elaborado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible:

– Administración xeral do Estado.

– Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Marino.

– Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

– Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental 1. Subdirección Xeral de Calidade Ambiental.

– Organismo autónomo Augas de Galicia.

– Consellería do Medio Rural.

– Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

– Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

– Administración local.

– Deputación Provincial de Pontevedra

– Concellos da área de influencia do ámbito do planeamento.

5°) Suspender o outorgamento de licenzas de edificación, parcelación e derrubamento no ámbito do Plan parcial do SUR PCR-01».

O que se fai público para o xeral coñecemento, para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que xulguen convenietes, durante o prazo de dous meses contados a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 29 de xuño de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde