Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29513

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Rúa

ANUNCIO de información pública sobre local destinado a lavado, engraxamento e cambio de pneumáticos para vehículos terrestres.

Nuno Miguel Alves Rodríguez solicitou licenza municipal para proceder ao establecemento de local destinado a lavado, engraxamento e cambio de pneumáticos para vehículos terrestres en edificio situado na rúa Felgar, número 27, baixo. En cumprimento do disposto polo artigo 8, número 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, co fin que durante este período, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Rúa, 2 de xullo de 2012

Avelino García Ferradal
Alcalde