Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29514

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre taller de maquinaria agrícola en Martiñán (Corvelle).

José Fernández Debasa, con DNI 33350418-G, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura de taller de maquinaria agrícola en Martiñán-Corvelle (Vilalba-Lugo). En cumprimento do disposto no artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días, contados a partir da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Vilalba, 29 de xuño de 2012

Gerardo Criado Guizán
Alcalde