Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29510

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lourenzá

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de nave para estabulación libre de gando vacún e construción de fosa de xurro en Tiagonce.

Benito Salvatierra Sánchez, solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de nave para estabulación libre de gando vacún e construción de fosa de xurro que se situará en Tiagonce, parroquia de Lourenzá. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Lourenzá, 27 de xuño de 2012.

Vidal Martínez-Sierra López
Alcalde