Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29509

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de información pública sobre proxecto básico e execución de explotación de vacún leiteiro (expediente R.E. 2162/12).

Roberto Pérez Rodríguez solicitou licenza municipal de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental, de conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño.

A actividade para a cal solicita licenza identifícase co rexistro de entrada nº 2162/2012, para proxecto básico e execución de explotación de vacún leiteiro segundo proxecto técnico asinado polo arquitecto técnico agrícola da Coruña, Jacobo Pazos García, no lugar do Buriz-da parroquia do Buriz, polígono 82, parcela 86, concello de Guitiriz.

De acordo co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría Xeral, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretendan instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O prazo de exposición pública computarase desde a última das publicacións oficiais sinaladas.

Guitiriz, 16 de xullo de 2012

Xosé María Teixido Núñez
Alcalde