Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29443

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (427/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 427/10 por instancia de Ángela Sánchez Galán contra a empresa ETS Servicios Externos sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 26.6.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Ángela Sánchez Galán fronte a ETS Servicios Externos, e, en consecuencia, condénase a empresa ETS Servicios Externos a aboar á demandante a cantidade de dous mil catrocentos sesenta e nove euros con noventa e un céntimos de euro (2.469,91 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa ETS Servicios Externos expido e asino a presente.».

A Coruña, 3 de xullo de 2012

O secretario xudicial