Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29441

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (529/2011).

Luis Diego Espino Hernández, secretario xudicial do Xulgado Primeira Instancia número 10 de Vigo, mediante este anuncio anuncio

No presente procedemento ordinario 529/11, seguido por instancia de Urbanización Aragón Norte, S.L., fronte a Sisnext Wire & Plastic, S.L., ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíza que a dita: Ana Araceli Muñoz Martín.

Lugar: Vigo.

Data: oito de marzo de dous mil doce.

Demandante: Urbanización Aragón Norte, S.L.

Avogado: Ángel Piñeiro Nogueira.

Procurador: José Antonio Fandiño Carnero.

Demandado: Sisnext Wire & Plastic, S.L.

Procedemento: procedemento ordinario 529/2011.

Resolución.

Estimando integramente a demanda interposta por Urbanización Aragón Norte, S.L., fronte a Sisnext Wire & Plastic, S.L., debo condenar e condeno esta a aboar á demandante a cantidade de 10.908,38 euros máis os xuros legais desde a reclamación extraxudicial ata sentenza e os procesuais desde esta ata o seu completo pagamento e custas.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 3641.0000.04.0529.11, sinalando no campo concepto a indicación recurso, seguida do código 02 civil-apelación.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación recurso seguida do código 02 civil-apelación.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E encontrándose o devandito demandado, Sisnext Wire & Plastic, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 30 de maio de 2012

O secretario xudicial