Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29439

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 511/2012).

Secretaría Sr. Gamero López Peláez casación 152 e 153/12 IP.

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 511/2012.

Xulgado de orixe dos autos: demanda 410/2010 do Xulgado do Social nº 1 de Vigo.

Recorrentes: José Antonio Troncoso Oliveira, Pedro L. Abalde García, Herminio Carracedo González, Delfín Puime Alonso, Rosa Mar Mouriño Rivas, José Otero Míguez, Jesús Ignacio Domínguez González, Óscar Soto Duarte, Herminia Gómez González, Higinio Rodríguez Rico, María Rosa Campelo Carballo, Rosa Rivas Couto, Antonio Alonso Domínguez, Francisco Rico Carballo, Carlos Seoane Osormo, Manuel Vázquez Vilar, Domingo Pino Val, José Ramón Coto Iglesias, Juan Carlos Brea Míguez, José Manuel García Prego, Bienvenido Rodríguez Pérez, Rogelio Fernández Fernández.

Avogados: Antonio Troncoso de Castro, Miguel Ángel Lamela Méndez.

Procuradores: Fausto Valentín Blanco García, Juan Antonio Garrido Pardo.

Recorridos: Fogasa, Taguive S.L., Ministerio Fiscal, Industrias de Tableros Valga, S.A., Fibras de Madera, S.A.

Avogados: María Dolores Carpintero Vázquez, Miguel Hinrichs Gallego.

Procuradores: Gonzalo Lousa Gayoso, Ana María Tejelo Núñez.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da sección nº 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 511/2012 desta sección, seguido por instancia de José Antonio Troncoso Oliveira, Pedro L. Abalde García, Herminio Carracedo González, Delfín Puime Alonso, Rosa Mar Mouriño Rivas, José Otero Míguez, Jesús Ignacio Domínguez González, Óscar Soto Duarte, Herminia Gómez González, Higinio Rodríguez Rico, María Rosa Campelo Carballo, Rosa Rivas Couto, Antonio Alonso Domínguez, Francisco Rico Carballo, Carlos Seoane Osormo, Manuel Vázquez Vilar, Domingo Pino Val, José Ramón Coto Iglesias, Juan Carlos Brea Míguez, José Manuel García Prego, Bienvenido Rodríguez Pérez, Rogelio Fernández Fernández contra la empresa Fogasa, Taguive, S.L., Ministerio Fiscal, Industrias de Tableros Valga, S.A., Fibras de Madera, S.A. sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación do secretario xudicial.

Francisco Javier Gamero López-Peláez.

A Coruña, 27 de xuño de 2012.

O anterior escrito subscrito polo letrado Miguel Lamela Méndez en nome e representación de Bienvenido Rodríguez Pérez e outros e o escrito presentado polo letrado Adolfo José López Fernández en nome e representación de José Manuel García Prego, Jesús Ignacio Domínguez González, José Otero Míguez, Herminio Carracedo González, Rosa Mar Mouriño Rivas, Delfín Puime Alonso e Pedro Luis Abalde García, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, presentando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala e deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Téñense por presentadas as certificacións expresadas nos escritos e as correspondentes ao Tribunal Supremo presentaraas o dito tribunal.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social nº 1 de Vigo que contra a resolución desta sala foi interposto recurso en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Líbrese edicto ao DOG para a notificación da presente resolución a Fibras de Madera S.A.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xuño de 2012

O secretario xudicial