Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29444

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (320/2012).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento SSS 320/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«A Coruña, vinte e cinco de xuño de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 320/2012, seguidos por instancia de José Fontenla Muíño, representado polo letrado Sr. Orantes Canales, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, que comparece representado polo letrado Sr. González Quintas, contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, que comparece representado pola letrada Sra. Garea Cao, e contra Instalaciones Eduardo Fuentes, S.A., que non comparece malia estar citada en legal foma, versando a litis sobre accidente.

Decisión: que desestimando a demanda presentada por José Fontenla Muíño, representado polo letrado Sr. Orantes Canales, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, que comparece representado polo letrado Sr. González Quintas, contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, que comparece representada pola letrada Sra. Garea Cao, e contra Instalaciones Eduardo Fuentes, S.A., que non comparece malia estar citada en legal forma, debo declarar e declaro que non procede, e absolvo a entidade demandada das pretensións deducidas na súa contra. Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Instalacions Eduardo Fuentes, S.A. expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xuño de 2012

A secretaria xudicial