Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29446

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (613/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 613/2011, seguido neste xulgado por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza deste reforzo, se ditou auto aclaratorio de sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Auto.

A Coruña, dezasete de febreiro de dous mil doce.

Feitos.

Primeiro. En data 20 de xaneiro de 2012 ditouse sentenza nos presentes autos co seguinte teor literal na súa decisión:

“Decisión.

Que considerando integramente a demanda formulada por Marian-George Rucsanda, asistido polo letrado Sr. Pozzo-Citro Comesaña, contra a empresa Demoliciones Expósito, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 1.737,29 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes”.

Segundo. Por escrito de data 15 de febreiro de 2012, recibido neste xulgado en data 16 de febreiro de 2012, a representación de Jorge Leis Rodríguez interesa a rectificación da dito decisión, unha vez que se produciu un erro de transcrición no nome das partes integrantes do proceso.

Terceiro. No día da data quedaron os autos á disposición do provisor para ditar a oportuna resolución.

Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 267 da LOPX, e en idéntico sentido os artigos 214 e 215 da LAC, regula o chamado recurso de aclaración, que posibilita con carácter excepcional a aclaración de puntos escuros, a emenda de omisións ou a corrección de erros meramente materiais sobre puntos discutidos no litixio, pero sen en ningún caso consentir que por tal vía poida ser rectificado o que deriva dos fundamentos xurídicos e sentido da decisión ou se subvertan as conclusións probatorias previamente mantidas, salvo que excepcionalmente o erro material consista nun “mero desaxuste ou contradición patente e independente de calquera xuízo valorativo ou apreciación xurídica, entre a doutrina establecida nos fundamentos xurídicos e a decisión da resolución xudicial”, isto é, cando sexa evidente que o órgano xudicial “simplemente se equivocou ao trasladar o resultado do seu xuízo á decisión”.

Así mesmo, establece o artigo 267.3º da LOPX: “3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento”.

Na súa consideración, tendo en conta que efectivamente se produciu un erro de trascrición na decisión, debe accederse á rectificación solicitada pola demandante, no sentido proposto por esta no seu escrito do 16 de febreiro de 2012.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Que se debe aclarar a decisión da Sentenza de data 20 de xaneiro de 2012, ditada nos presentes autos, que queda do seguinte teor literal:

“Decisión.

Que considerando integramente a demanda formulada por Jorge Leis Rodrígez, asistido polo letrado Sr. Naveira Couceiro, contra a empresa Utillajes Coruña, S.L., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 1.737,29 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes”.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún en virtude do disposto no artigo 215.4 da LAC e artigo 267.7 da LOPX.

Así, por este auto o pronuncia, manda e asina Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña. Dou fe».

E para así conste e a súa inserción no Diario Oficial de Galicia para a súa notificación a Utillajes Coruña, S.L., expido o presente.

A Coruña, 28 de xuño de 2012

A secretaria xudicial