Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2012/194-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992 notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, e advírteselles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2012/194-1.

Acta inf. nº: I152012000008047.

Empresa: Horno di Marta, S.L.U.

NIF: B70121595.

Enderezo: Costa de Santa Marta, 15, baixo. 15165 Bergondo.

Materia: seguridade e hixiene (falta de planificación preventiva).

Normativa infrinxida: artigo 5.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, en relación co disposto nos artigos 1, 2, 10, 11 e 12 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: artigo 12.1.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade co artigo 39 do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data resolución: 7.6.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Horno di Marta, S.L.U. unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

A Coruña, 28 de xuño de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña