Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se inicia o trámite de competencia para o outorgamento da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Palas de Rei (Lugo).

Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a solicitude relacionada no cadro seguinte inicia o correspondente trámite de competencia.

Datos da solicitude

Empresa solicitante

Gas Galicia SDG, S.A.

Data da solicitude

3 de xullo de 2012

Contido da solicitude

Autorización administrativa

Tipo de instalación

Rede de distribución de gas natural

Denominación do proxecto

Proxecto de autorización administrativa previa da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Palas de Rei (Lugo)

Núcleo de poboación da rede

Palas de Rei (Lugo)

Ábrese un prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:

• Outras empresas distribuidoras de gas natural poidan presentar solicitudes en concorrencia con esta solicitude de Gas Galicia SDG, S.A.

• A empresa Gas Galicia SDG, S.A. poida completar, se o considera oportuno, a súa solicitude.

O trámite de competencia resolverase a favor da empresa cuxo proxecto obteña a maior puntuación, tras a súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 8 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas