Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2012/10-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2. 32960 Velle.

Denominación: LMT cambio sección saídas FRIL801-803.

Situación: Padrenda.

Características técnicas:

LMT 1 subterránea a 20 kV de 354 m con condutor RHZ1 e orixe na LMT 801 e 803 subestación A Frieira e remate na LMT proxectada FRI 801 Trado Celanova CH Deva e FRI803 Ponte Barxas no límite do recinto da subestación de 406 m e con condutor RHZ1, con orixe na LMT FRI 801 Trado Celanova CH Deva e FRI 803 Ponte Barxas e remate na LMT existente LMT FRI 801 Trado Celanova CH Deva e FRI 803 Ponte Barxas.

Orzamento: 65.120,82 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.

Ourense, 28 de xuño de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense