Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución de liquidación da subvención e o informe sobre a revisión da liquidación dun curso da programación do Plan Nacional FIP na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao exercicio de 2008, regulada na Orde do 3 de decembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia número 237, do 10 de decembro) relativa ao expediente TR301K, 2008/098-1.

Intentada a notificación da antedita resolución e do informe anexo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria o contido da resolución de liquidación da subvención e do informe sobre a revisión da liquidación que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento deles.

A resolución e o informe anexo poñen fin á vía administrativa, e contra eles poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avda. Salvador de Madariaga, 9-1º, 15008 A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución e do informe, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 29 de xuño de 2012

Luís Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente: TR301K, 2008/098-1.

Nome ou razón social: Torremar Soc. Coop. Responsabilidad Ltda.

DNI/NIF: F15039803.

Último enderezo coñecido: rúa Concepción Arenal, 73-75 baixo. 15578 Narón (A Coruña).

Tipo de axuda: subvención para a realización de curso da programación do Plan Nacional FIP na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2008.

Contido: resolución de liquidación da subvención e informe sobre a revisión da liquidación.

Data da resolución/informe: 25.5.2012.