Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2012 Páx. 28981

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (622/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 622/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Construcciones López Cao, S.L. e Pavimentos Terra Chá, S.L., contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Grajal, S.A., Marcelo Vargas Siles, Tania Vargas Siles, Rodrigo Vargas Siles, Nancy Vargas Siles e Pastora Siles de Vargas, sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Autos 622/2011.

Na cidade da Coruña, 4 de xuño de 2012.

Lara M. Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre recarga de prestacións por infracción de medidas de seguridade, por instancia das empresas Construciones López Cao, S.L., que comparece representada polo letrado Sr. Granja Vila, e Pavimentos Terra Chá, S.L., que comparece representada polo letrado Sr. Meizoso Sardiña, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que comparecen representados pola letrada Sra. Suárez Berea, a empresa Grajal, S.A., que non comparece, Marcelo Vargas Siles, Tania Vargas Siles, Rodrigo Vargas Siles, Nancy Vargas Siles e Pastora Siles de Vargas, que comparecen representados polo letrado Sr. Rodríguez Casal, ditou a seguinte sentenza.

Decisión.

Que desestimando a demanda interposta polas empresas Construcciones López Cao, S.L. e Pavimentos Terra Chá, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Grajal, S.A., Marcelo Vargas Siles, Tania Vargas Siles, Rodrigo Vargas Siles, Nancy Vargas Siles e Pastora Siles de Vargas, debo absolver e absolvo as partes demandadas de todos os pedimentos desta.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grajal S.A., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 2 de xullo de 2012

A secretaria xudicial