Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2012 Páx. 28983

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (784/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento ordinario 784/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Ramos Seijas, Santiago Pardo Blanco, Miguel Ángel Deber Vázquez e Luis Manuel Iglesias Taibo contra a empresa Antonio Andrés Díaz, S.L., sobre cantidades, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 20 de xuño de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 784/2010, sendo demandantes Francisco Javier Ramos Seijas, Santiago Pardo Blanco, Miguel Ángel Deber Vázquez e Luis Manuel Iglesias Taibo, representados pola letrada Sra. Míguez Castelos, e demandada a empresa Antonio Andrés Díaz, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Francisco Javier Ramos Seijas, de Santiago Pardo Blanco, de Miguel Ángel Deber Vázquez e de Luis Manuel Iglesias Taibo contra a empresa Antonio Andrés Díaz, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Francisco Javier Ramos Seijas a cantidade de 3.884,49 euros, a Santiago Pardo Blanco a suma de 3.434,56 euros, a Miguel Ángel Deber Vázquez a cifra de 3.910,71 euros e a Luis Manuel Iglesias Taibo o montante de 3.305,83 euros que lles debe, cantidades que deberán incrementarse co xuro de demora do 10% respecto dos conceptos de carácter estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Antonio Andrés Díaz, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de xuño de 2012

A secretaria xudicial