Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28818

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (1-1033/2010).

María del Carmen Álvarez Iglesias, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, mediante este anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Rosa María Dickson Paredes, representada pola procuradora Ana María López Vila, en virtude de nomeamento pola quenda de oficio, fronte a Felipe Enrique Seijido Dickson e Vanessa Caridad Urbaez, sendo parte o Ministerio Fiscal, ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria.

Sentenza 51/2012.

Sarria, 30 de marzo de 2012.

En nome do rei de España, vistos por Cristina Díaz Rodríguez, xuíza con destino no Xulgado de Primeira Instancia de Sarria, os autos de xuízo verbal sobre garda, custodia e cotutela, tramitados ante este xulgado co número 1-1033/2010, promovidos pola procuradora Ana María López Vila, en nome e representación de Rosa María Dickson Paredes, asistida polo letrado Carlos Álvarez Tejedor, contra Felipe Enrique Seijido Dickson e Vanessa Caridad Urbaez, con intervención do Ministerio Fiscal, dita o seguinte:

Decido que, admitindo totalmente a demanda interposta pola procuradora Ana María López Vila, en nome e representación de Rosa María Dickson Paredes, contra Felipe Enrique Seijido Dickson e Vanessa Caridad Urbaez, se acorda a cotutela, así como a atribución da garda e custodia de Turjan Alessandre Seijido Urbaez a Rosa María Dickson Paredes e José Seijido Pereiro.

Unha vez firme, expídade comunicación ao encargado do rexistro civil co fin de que se practiquen as inscricións correspondentes.

Contra esta sentenza poderase interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación do que coñecerá a Audiencia Provincial de Lugo. O recurso interpoñerase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose os demandados, Felipe Enrique Seijido Dickson e Vanessa Caridad Urbaez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Sarria, 2 de abril de 2012

A secretaria xudicial