Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28820

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (739/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 739/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Cristovao Manuel da Silva Pinto contra a empresa Grupo Construnor Estructuras, S.L., Construnor Estructuras, S.L., Enrique Feáns García, Novacaixagalicia, Carlos Manuel Paz Costa, Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Decido:

Que con estimación da demanda presentada por Cristovao-Manuel da Silva Pinto ás empresas Grupo Construnor Estructuras, S.L., Construnor, S.L. e Sacyr, S.A.U. que aboe ao demandante a cantidade total de 4.146,93 euros polos conceptos de:

a) A diferenza salarial de 100 euros ao mes correspondentes aos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2011.

b) O salario de abril de 2011 de 1.424,72 euros.

c) Axudas de aloxamento do mes de abril de 2011 a razón de 400 euros.

d) Combustible a razón de 261 euros dende o mes de xaneiro, febreiro, marzo e abril.

e) Así como Indemnización por fin de contrato na cantidade de 1.400 euros.

E condeno á administración concursal formada pola entidade Novacaixagalicia, Carlos Manuel Paz Costas e Enrique Feáns, así como ao Fondo de Garantía Salarial-Fogasa a estar e pasar por esta resolución.

A cantidade salientada verase incrementada nunha recarga do 10% por mora ao tratarse da cantidade reclamada dunha débeda salarial vencida, liquida e determinada, que non pode entenderse problemática en canto á súa liquidación.

Contra esta sentenza poden anunciar recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días dende a notificación da sentenza.

Nese momento deberán designar letrado ou graduado social colexiado que se encargará da súa defensa na tramitación do recurso que anuncia.

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Grupo Construnor Estructuras, S.L., Construnor Estructuras, S.L., en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2012

A secretaria xudicial