Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo consistente na realización de traballos para a elaboración da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia, por procedemento aberto con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4. Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 42 59 e información de índole administrativa: 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correo electrónico: maria.blanco.aller@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17692

8. Data límite de obtención de documentación e información: 4 de agosto de 2012.

d) Número do expediente: SESE 16-EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo consistente na realización de traballos para a elaboración da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de execución: o indicado no punto 3.2.3. do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: doce meses desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo máximo igual ao do contrato.

g) CPV: 79970000-4. Servizos de edición.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Subasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no punto J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato, sen IVE: 1.192.379,66 €, incluídas as posibles prórrogas.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 596.189,83 €.

IVE (18%): 107.314,17 €.

Importe total: 703.504,00 €, desagregado por anualidades do seguinte xeito:

Ano 2012: 175.876,00 €.

Ano 2013: 527.628,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do importe de licitación (IVE excluído). No caso de baixas desproporcionadas terá que constituírse unha garantía do 10% do importe de licitación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 4, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 4 de agosto de 2012, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos y anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses a contados desde a data da apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público de apertura do sobre B «Documentación técnica e de criterios de adxudicación non avaliables automaticamente» terá lugar, ás 12.00 horas, o día 14 de agosto de 2012. O lugar, o día e a hora do segundo acto público, de «Lectura e avaliación do sobre B» e do terceiro acto público, de apertura do sobre C «Proposición económica e criterios de adxudicación avaliables de forma automática», indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de xuño de 2012.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2012

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza