Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador por infracción en materia de xogo P-10/12.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, LRXPAC), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador por infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora de xogos e apostas de Galicia, modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, e pola Lei 3/2002, do 29 de abril, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións corresponde ao director xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o disposto nos artigos 12.3 e 134.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 31 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 3/2002, do 29 de abril, cando a sanción consista nunha multa de ata 60.000 euros.

Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da LRXPAC.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na planta 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43, de Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 3 de xullo de 2012

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: P-10/12.

NIF: B-32020075.

Denunciado: Recreativos La Estrella, S.L.

Enderezo: estrada Bembrive, 236, Vigo.

Precepto infrinxido: artigo 29.i) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, e pola Lei 3/2002, do 29 de abril.