Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28816

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 75/2009-MCR).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sala do social-secretaria: M. Socorro Bazarra Varela.

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 75 /2009-MCR.

Materia: accidente.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Recorridos: Servizo Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Manuel Chao González, Transportes Otero Villar, S.L.

Xulgado de orixe/ autos: Xulgado do Social número 1 de Vigo. Demanda 671/2008.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 75/2009-MCR a que se refire o encabezamento, seguidas ante a sala do social deste tribunal superior de xustiza, dimanantes dos autos número 671/2008 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, promovidos por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Servizo Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Manuel Chao González, Transportes Otero Villar, S.L., sobre accidente, con data de hoxe ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante contra a sentenza do 13 de novembro de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en autos 671/2008, confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, en diante, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Transportes Otero Villar, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de xuño de 2012

A secretaria xudicial