Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28682

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (756/2011).

Álvaro Garrido Rodríguez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, por medio deste edicto anuncio:

Que no xuízo verbal número 756/2011, ditouse unha sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

Vistos por min, Luis Doval Pérez, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense e do seu partido, no día de hoxe, 23 de marzo de 2012, estes autos de xuízo verbal número 756/2011, seguidos ante este xulgado a instancia da entidade Banco Popular Español, S.A., representada pola procuradora María Gloria Sánchez Yzquierdo e asistida do letrado Jorge Castro Díaz, contra a entidade O Lar da Vitela, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Decido que, desestimando a demanda interposta pola procuradora María Gloria Sánchez Yzquierdo, actuando no nome e representación do Banco Popular Español, S.A., contra O Lar da Vitela, S.L., absolvo a esta parte das pretensións deducidas na súa contra, con expresa imposición das custas causadas.

E ao se atopar o demandado en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación de forma legal ao dito demandado.

Ourense, 24 de abril de 2012

O secretario xudicial