Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28680

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (794/2011).

Estefanía Cotobal Martín, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, anuncio:

Que no presente procedemento de xuízo verbal nº 794/11 seguido por instancia de Gas Natural Servicios SDG, S.A. contra Estefanía Fernández Blanco foi ditada sentenza e auto complementario, cuxo encabezamento e parte dispositiva respectivas son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Ourense, 5 de marzo de 2012.

Vistos por min, Eva María Martínez Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4, con competencia mercantil, de Ourense, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número 794/11, seguidos ante este xulgado entre partes, dun lado, como parte demandante, Gas Natural Servicios SDG, S.A., representada pola procuradora Mª Gloria Sánchez Izquierdo e asistidos polo letrado Sr. Miguel Rodríguez Vila García contra Estefanía Fernández Blanco, en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

(Continúan antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Mª Gloria Sánchez Izquierdo na representación acreditada, debo condenar e condeno a Estefanía Fernández Blanco a aboar a Gas Natural Servicios SDG, S.A. a cantidade de 2.668,30 euros, con expresa condena nas custas causadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que é firme.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, que se rexistrará no libro de sentenzas e da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos.

Eva María Martínez Gallego

Maxistrada xuíza de Primeira Instancia nº 4 de Ourense-Mercantil»

Auto.

Ourense, 13 de marzo de 2012.

Dada conta e (seguen feitos e fundamentos de dereito).

Parte dispositiva: dispoño emendar e complementar a sentenza do 5 de marzo de 2012 ditada no xuízo verbal 794/11 engadindo á parte dispositiva:

«Así mesmo, declárase resolto o contrato de subministración de gas subscrito para o terreo sito en avenida de Santiago nº 34, 7º dereita de Ourense.

Condénase a demandada a permitir o acceso ao domicilio anteriormente sinalado aos empregados de Gas Natural Servicios SDG, S.A. co fin de que estes realicen a toma de lectura do contador, con apercibimento de que, no caso contrario, a entrada será realizada polo axente xudicial cos empregados, provistos do correspondente mandado xudicial.

Condénese a parte demandada ao pagamento da cantidade que resulte da facturación comprendida entre a última lectura facturada de 6.090 m3 de gas (factura do 3 de outubro de 2011) e a lectura que se realice no momento da desconexión do contador, ao prezo da tarifa vixente.

Condénase a pagar os xuros legais correspondentes ata o seu completo pagamento.

Mantense o resto dos pronunciamentos».

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselle saber que contra ela non cabe recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que caiban fronte á resolución principal.

Así o pronuncio mando e asino.

Eva María Martínez Gallego

Maxistrada xuíza de Primeira Instancia número 4 de Ourense

E ante a ilocalización da demandada, Estefanía Fernández Blanco, e co fin de que lle sirva de notificación en forma, expido e asino o presente edicto.

Ourense, 24 de abril de 2012

A secretaria xudicial