Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28679

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (106/2011).

María Regina Dominga Cougil, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Banco Popular Español, S.A. fronte a José Mario Pereira Ribeiro ditouse sentenza cuxo teor, encabezamento e decisión din literalmente o seguinte:

Na cidade de Ourense, 17 de febreiro de 2012.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 1 dos desta cidade, os autos de xuízo ordinario número 106/2011, seguidos ante este xulgado por instancia da procuradora María Gloria Sánchez Izquierdo, quen actúa en nome e representación de Banco Popular Español, S.A., baixo a dirección letrada de Jorge Castro Díaza contra José Mario Pereira Ribeiro, en situación procesual de rebeldía. Versan os presentes autos sobre reclamación de cantidade.

Decido que estimando a demanda presentada pola procuradora María Gloria Sánchez Izquierdo, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A. contra José Mario Pereira Ribeiro, condeno o dito demandado a aboarlle á demandada a cantidade de 9.744,27 € máis os xuros de mora pactados contractualmente percibidos desde a data de peche da póliza, 28.5.2008, ata o completo pagamento. As custas impóñense ao demandado.

Esta sentenza non é firme. Contra esta cabe interpor recurso de apelación, que será resolto pola Audiencia Provincial de Ourense. O recurso deberá interporse ante este xulgado por escrito no prazo de vinte días desde a notificación da sentenza, con suxeición ao disposto no artigo 458 de la LAC. Deberá acreditarse documentalmente a constitución do depósito de 50 € que para apelar exixe la LOPX.

E encontrándose o dito demandado, José Mario Pereira Ribeiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 17 de febreiro de 2012

A secretaria xudicial