Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28695

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1292/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento demanda 1295/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Na Coruña, 25 de maio de 2012. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) desta cidade, os autos nº 1295/2009, promovidos por instancia de Carlos Rodríguez Martínez, representado polo seu letrado Sr. Güemez Abad e contra as empresas Galery Engineering, SLNE e Jandei, S.L., non comparecida no acto do xuízo, comparecendo o administrador concursal Alfredo Rodríguez González e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que estimando a demanda formulada por Carlos Rodríguez Martínez, representado polo seu letrado Sr. Güemez Abad e contra as empresas Galery Engineering, SLNE, Jandei, S.L., non comparecida no acto do xuízo, comparecendo o administrador concursal Alfredo Rodríguez González e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 22.378,31 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente-causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Galery Engineering, SLNE, e Jandei, S.L., expido el presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xuño de 2012

A secretaria xudicial