Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28696

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (106/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 106/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa Fraga Maza contra a empresa Peletería Pepe Nieto, S.L., Peletería Senda, S.L., María de Carme Hombre Porto e José Nieto Puente, S.C., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, Carmen Hombre Porto, José Nieto Puente sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a acción de resolución contractual promovida por Josefa Fraga Maza contra Peletería Senda, S.L., Peletería Pepe Nieto, S.L., Carmen Hombre Porto e José Nieto Puente Sociedad Civil, Carmen Hombre Porto, José Nieto Puente, administración concursal e Fogasa e en consecuencia ao ser extinguida a relación laboral da demandante por auto do 16 de marzo de 2011 do Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña, condeno solidariamente a Peletería Senda, S.L. e Peletería Pepe Nieto, S.L. a aboarlle á demandante a diferenza de indemnización a razón de 45 días (22.403,56 euros) respecto da calculada polo Xulgado do Mercantil por concorrer un incumprimento imputable ao empresario, o que comporta un total para aboar de 13.091,32 euros.

Estimo a acción acumulada de reclamación de cantidade e condeno solidariamente a Peletería Senda, S.L. e Peletería Pepe Nieto, S.L. a aboarlle á demandante 2.352,32 euros.

Condeno o Fogasa e a administración concursal a estar e pasar polos anteriores pronunciamentos.

Absolvo a Carmen Hombre Porto e José Nieto Puente, S.C. e a Carmen Hombre Porto e José Nieto Puente das pretensións de condena formuladas contra eles.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a notificación da presente resolución, logo de consignación da cantidade obxecto de condena e do importe de 300 euros.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a María de Carme Hombre Porto e José Nieto Puente, S.C., Carmen Hombre Porto e José Nieto Puente, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2012

A secretaria xudicial