Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28549

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual da ordenanza 3 do Plan parcial das Fontiñas.

O Pleno da Corporación na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de abril de 2012, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

a) Rexeitar as alegacións formuladas contra o acordo de aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial das Fontiñas por Rosa María Domelo Iglesias e por María Luísa Montero Vaamonde e José García Gago consonte a fundamentación que se contén nos informes técnico e xurídico da Sección Municipal de Planeamento e Xestión, reproducidos con anterioridade e que serven de expresa motivación ao acordo, de conformidade co que establece o artigo 89.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial das Fontiñas para a incorporación do uso asistencial á ordenanza 3 do conxunto urbanístico Área Central, segundo o proxecto presentado por Escolas Infantiles Os Pequerrechos, S.L., sen modificacións con respecto ao aprobado inicialmente.

O presente acordo notificarase aos interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no que se inserirá, así mesmo, a normativa urbanística aprobada.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, comunicación deste acordo de aprobación definitiva, xunto con dous exemplares dilixenciados do proxecto definitivamente aprobado.

O acordo de aprobación definitiva da citada modificación puntual foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 3 de maio de 2012, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

O anuncio de aprobación definitiva, xunto coa normativa, publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 103, do 1 de xuño de 2012.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012

Ángel Currás Fernández
Alcalde