Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28548

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterrei

ANUNCIO de información pública sobre a instalación dunha estación emisora de GLP en Guimarei.

Gumersindo Martínez Limia solicitou neste concello a licenza municipal para a instalación dunha estación emisora de GLP mediante un depósito nunha vivenda unifamiliar, nas parcelas números 221, 222, 223, 224 e 9505 do polígono 35, en Guimarei.

Para cumprir co que dispón no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles. Durante este prazo, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poden examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Monterrei, 26 de xuño de 2012

José Luis Suárez Conde
Alcalde