Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28547

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobres as bases reguladoras de subvencións ás ONG.

No BOP de Lugo número 150 do sábado, día 30 de xuño de 2012, publícanse as bases xerais reguladoras da convocatoria para a concesión de subvencións para o realización de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e sensibilización social para o exercicio económico 2012 aprobadas polo Decreto da alcaldía 12005411 do día vinte e seis de xuño.

Posteriormente, no BOP de Lugo número 163 do luns, día 16 de xullo de 2012, publícase a rectificación do artigo 18 das bases de referencia segundo decreto da alcaldía número 12005963 do día doce de xullo de dous mil doce.

O que se fai público para que produza os efectos oportunos.

Lugo, 12 de xullo de 2012

Sonia Méndez García
Tenente de alcalde delegada da Área de Economía