Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28546

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación de automóbiles (expediente 565/2011).

José López Folgueira solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de taller de reparación de automóbiles, como reforma e ampliación do taller de engraxamento, venda, reparación e colocación de pneumáticos con licenza de apertura 300/2009, sito na rolda das Fontiñas número 190, baixo.

Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, se somete a información pública por período de vinte días, a fin de que durante este prazo -que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto-, poida ser examinado o expediente no Servizo de Licenzas polas persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Lugo, 12 de xuño de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo