Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28545

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para explotación gandeira promovida por SAT Margá.

Expte. R.E. nº 2214/2012.

SAT Margá 1255 XUGA solicitou licenza municipal sometida a avaliación de incidencia ambiental, de conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño.

A actividade para a cal solicita licenza identifícase co rexistro de entrada nº 2214/2012, para explotación gandeira: corte para vacún de leite e fosa de xurro, segundo proxecto técnico asinado pola enxeñeira técnica agrícola, Mª Elena Piñeiro Sotelo, no lugar dos Xiros, parroquia de Labrada, polígono 208, parcelas 46 e 47. Concello de Guitiriz.

De acordo co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este tempo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na secretaría xeral, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O prazo de exposición pública computarase desde a última das publicacións oficiais sinaladas.

Guitiriz, 22 de xuño de 2012

Xosé María Teixido Núñez
Alcalde