Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28544

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Folgoso do Courel

ANUNCIO de información pública sobre proxecto de legalización de nave para gardar gando ovino.

Eva García Fernández solicitou desta alcaldía licenza municipal para legalización de nave para gardar gando ovino, en Vilasibil, Folgoso do Courel, polígono 6, parcela 255, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública durante o termo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante este se poida examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Folgoso do Courel, 29 de maio de 2012

Dolores Castro Ochoa
Alcaldesa