Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28551

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

EDICTO polo que se delega na Deputación Provincial da Coruña a facultade para establecer acordos e convenios coa Administración tributaria do Estado en materia de colaboración e inspección en relación co IBI.

Unha vez adoptado polo Pleno da Corporación do Concello de Teo, en sesión do 31 de maio de 2012, o acordo definitivo de delegación na Deputación Provincial da Coruña da facultade de establecer acordos e convenios coa Administración tributaria do Estado en materia de colaboración e inspección en relación co IBI, e dando cumprimento ao procedemento estipulado pola Deputación Provincial para a efectividade desta delegación, regulado nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia, faise público o dito acordo definitivo para efectos de xeral coñecemento.

Teo, 11 de xuño de 2012

Martiño Noriega Sánchez
Alcalde