Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a emenda de erro na proposta de resolución do expediente sancionador 2012071PL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 27 de xuño de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou emenda de erro na proposta de resolución do expediente sancionador 2012071PL-CO incoado a Secundino Trincado Nogueira.

Intentada a notificación desta emenda de erro segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Secundino Trincado Nogueira o contido da dita emenda de erro que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 3 de xullo de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Advertido erro na proposta de resolución do expediente sancionador 2012071PL-CO do 6 de xuño de 2012, e comunicada con xustificante de recepción do 11 de xuño de 2012, procédese á emenda do seguinte erro: páxina 22, 5º parágrafo, no que figura o seguinte:

«Que segundo o artigo 1.b) do Decreto 108/2004, do 27 de maio, a teor das contías que puideran establecerse, o órgano administrativo competente na resolución será a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública desde 3.005,07 € ata 15.025,30 €».

Debe constar o que segue:

«Que segundo o artigo 1.b) do Decreto 108/2004, do 27 de maio, a teor das contías que poidan establecerse, o órgano administrativo competente na resolución será a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade».

Polo que, de acordo co disposto no artigo 105.2 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se lle comunica a emenda do devandito erro que figuraba na proposta de resolución do expediente sancionador.